Ialma Escura

Desvarios varios, Fantasía, Software Libre e máis….

Archive for the ‘GNU/Linux’ Category

O Beryl actualizado en ubuntu.

Posted by Ialma Escura o 6 Febreiro 2007

Logo Treviño'sPara aqueles que gosten de ter un escritorio o máis bonito posible, non se lles escaparía a creación de Beryl, un xestor de xanelas, co cal poderemos ter un escritorio en forma de cubo, no noso S.O. GNU/Linux.

Ben, nesta entrada vou a mostrar como por o último beryl no ubuntu, cos repositorios beryl-svn que nos brinda Treviño’s Ubuntu Repository, o cal, é ben sinxelo de por en funcionamento.XGL e Beryl

Estas opcións son para cando teis xa o beryl instalado, se queres saber como instalalo, mira na guia-ubuntu

1º Editar o arquivo /etc/apt/sources.list co voso editor favorito (emacs, vi(m), nano, gedit….)

sudo vim /etc/apt/sources.list

Nel engadiremos estas dúas linhas:

deb http://download.tuxfamily.org/3v1deb edgy beryl-svn
deb-src http://download.tuxfamily.org/3v1deb edgy beryl-svn

2º Autentificamos os packages

wget http://download.tuxfamily.org/3v1deb/DD800CD9.gpg -O- | sudo apt-key add -

3º Actualizamos

sudo apt-get update
sudo apt-get upgrade

4º Consello, algúns plugins meteronse baixo outra nomenclatura (como o Group and Tab) para polos debemos facer un:

sudo apt-get install beryl-plugins-extra bery-plugins-unsupported

E listo xa temos o noso beryl correndo coas últimas novidades, lémbrovos tamén que beryl está en proceso de desenrolo, co cal pode dar problemas, se o instalades é baixo a vosa responsabilidade, ainda que tamén dicir que de momento eu non tiven nigún problema, máis grave do habitual 😉

A ver, se un día destes ponho algún video do meu entorno correndo con beryl, para que vexades o que se pode facer (aínda que cun-ha simples busqueda no youtube por beryl xa toparedes un porrazo de demostracións deste sistema ^^.

Para que logo digan que GNU/Linux é feo, si é que…..

Advertisements

Posted in Beryl, GNU/Linux, Software Libre, ubuntu | 2 Comments »