Ialma Escura

Desvarios varios, Fantasía, Software Libre e máis….

Archive for the ‘Copyright’ Category

Campaña de apoio á Frikipedia…

Posted by Ialma Escura o 22 Xaneiro 2007

Leo no blog dun-ha amiga foreira de AstroteamRG, bbneko (saúdos ^^ ) un-ha nota sabor dun-ha campaña de apoio á Frikipedia e en contra da $GA€ .

SGAE

Lémbrovos a causa desta campaña: a Frikipédia, un-ha páxina de humor e de frikadas (feita en plan wiki, ou sexa, que todo o mundo podía editar os artigos) pechou o 3 de Febreiro de 2006 por ataques difamatorios contra a SGAE por escribir o seguinte: SGAE (Sempre Gañamos Algúns Euros), este ataque contra esta organización “Sen Ánimo de Lucro” e que cobra un canon dos CDs/DVDs que usamos para as nosas “Actividades Terroristas, e coas cales mantemos máfias internacionais” como son grabar as nosas fotos da vacacións e demais.

Hai pouco ademáis saiu a sentencia, favorable para estos, que lle obliga, a Krusher, a pagar os custos xudiciais e máis un-ha indemnización á SGAE. Podedes lelos no blog de Krusher.

Xa está ben, non podemos permitir que esta organización nos siga fodendo cada vez máis e máis, con censura, canones e demáis para que catro ricos se coman o pastel tranquilamente. ¿Que será o que veña despois? ¿Por micros nas duchas por se cantamos? ¿e se desafinamos, haberá que pagar máis por foder á canción? Ou mellor non, lobotomia xeralizada, porque lembremos que no noso cerebro podemos copiar un-ha canción….

En fin aquí queda isto. por último vou porvos un video, realizado pola cadena PECO, que me gustou moito. Saúdos.

Posted in Copyright | Leave a Comment »

Un corto sbre a $GA€

Posted by Ialma Escura o 19 Xaneiro 2007

Un pouco de Humor, este video é un corto presentado para notofilmfest do director Alejandro Pérez. A verdade moi ben feito, cando o vin non puiden parar de ri. XDDD

Posted in Copyright, Humor | Leave a Comment »

O dereito a ler

Posted by Ialma Escura o 19 Xaneiro 2007

Estes días estiven lendo varias cousa da Free Software Foundation e entre elas topeime con esta historia escrita por Richard Stallman, creador da FSF e impulsor máximo do Software Libre, que trata dun-ha historia futurísta, e hacia onde imos co copyright e recorte de dereitos. Moi interesante por certo.

A continuación pónhovos a minha raducción ao galego, posiblemente con grandes erros pero e que a pasei a saco XDDD.

Este artigo foi publicado no número de febreiro do 1997 de Communicatios of the ACM (Vol. 40, Número 2).

(de “O caminho a Tycho”, un-ha colección de artigos sobre os antecedentes da Revolución Luar, publicado na Lúa City en 2096)

Para Dan Halbert o caminho a Tycho comezou na universidade, cando Lissa Lenz lhe pediu prestada a súa computadora. A dela estropeárase, e a menos que poidese usar outro suspendería o seu preoxecto de fin de trimestre. Non había ninguén a que se atrevese a pedirlho, excepto a Dan.

Isto puxo a Dan nun dilema. Tinha que axudala, pero se lhe prestaba o seu computador ela podería ler os seus libros. Deixando de lado o risco de ir ao cárcere durante moitos anos por deixar a outra persoa ler os seus libros, a simple idea sorprendeulhe ao principio. Coma a todo o mundo, ensinaraselhe dende a escola primaria que compartir libros era algo malo e desagradábel. algo que soio os piratas farían.

Ademáis, non había moitas posibilidades de que a SPA (a “Software Protection Authority”, ou Autoridade de Protección do Software), non o descubrise. Nas súas clases de programación Dan aprendera que cada libro tinha un control de copyright que informaba de cando e donde foi lido, e quen o lía, á ofina central de licenzas (usaban esa información para descubrir piratas, pero tamén para vender perfís personais a outras companhias). A próxima vez que a súa computadora se conectase á rede, a ofina central de licenzas descubriríao. El, coma propietario da computadora, recibiría o castigo máis duro, por non tomar as medidas adecuadas para evitar o delito.

Lissa non precisamente pretendía ler os seus libros. Probablemente o único que ela precisase era escribir o seu proxecto. Pero Dan sabía que ela provinha dun-ha familia de clase media que a duras penas se podía permitir pagar a matrícula, sen pensar nas taxas de lectura. Ler os seus libros podería ser a súa única forma de terminar a carreira. Entendía a situación; al mesmo pedira un préstamo para pagar polos artigos de investigación que lía (o 10% dese dinheiro ía a parar aos autores dos artigos, e como Dan pretendía facer carreira na universidade, agardaba que os seus artigos de investigación, no caso de seren citados frecuentemente, lhe deran os suficientes beneficios coma para pagar o crédito).

Máis tarde, Dan descubriu que oubo un tempo no que todo o mundo podía ir a un-ha biblioteca e ler artigos, incluso libros, sen ter que pagar. Había investigadores que podían ler miles de páxinas sen necesidade de becas de biblioteca. Pero dende os anos 90 do século anterior, tanto as editoriais comerciais, coma as non comerciais, comezaran a cobrar polo aceso aos artigos. No 2047, as bibliotecas de aceso público eran soio un-ha vaga lembranza.

Había formas de evitar os controis da SPA e a oficina e a oficina central de licenzas, pero tamén eran ilegais. Dan tivera un companheiro da súa clase de programación, Frank Martucci, que conseguiu un depurador ilegal, e usabao para evitar o control de copyright dos libros. Pero contoulho a demasiados amigos, e un deles denunciouno a SPA a cambio dun-ha recompensa (era fácil tentar, para traicionar aos seus amigos, a estudantes con grandes débedas). En 2047 Frank estaba no cárcere; pero non por pirateo, senón por ter un depurador.

Dan soubo máis tarde que oubo un tempo no que calquera podía ter un depurador. Incluso había depuradores libremente disponhíbeis na rede. Pero os usuarios normais comezaron a empregalos para saltarse os controis de copyright, e finalmente un xuíz dictaminou que ese convertérase no seu uso práctico. Iso que dicir que os depuradores eran ilegais e os programadores que os escriberan foron a parar ao cárcere.

Obviamente, os programadores precisan depuradores, pero no 2047 había copias numeradas dos depuradores comerciaos, e soio disponhíbeis para programadores oficialmente autorizados. O depurador que Dan usara nas súas clases de programación estaba detrás dun cortafogos para que soio se puidese utilizar nos exercicios de clase.

Tamén se podía saltar o control de copyright instalando un núcleo de sistema modificado. Dan chegou a saber que polo cambio de século existiran núcleos libres, incluso sistemas operativos completos. Pero agora non soio eran ilegais, como os depuradores: non se podía instalar sen saber a clave de root da computadora, cousa que nin o FBI nen o servizo técnico de Microsoft che darían.

Dan chegou á conclusión de que simplesmente non lhe podía deixar o seu ordenador a Lissa. Pero non podía negarse a axudala, porque estaba namorado dela. Cada oportunidade de falar con ela era algo maravilloso. E o feito de que ela lhe tivese pedido axuda podería significar que sentía o mesmo por el.

Dan resolveu o dilema ofrecendo algo incluso máis incrible, deixoulhe a computadora, e díxolhe a súa clave. De esta forma, se Lissa via os seus libros, a oficina central de licenzas pensaría que quen estaba lendo era el. Seguía sendo un delito, pero a SPA non o detectaría automáticamente. Soio poderían sabelo se Lissa o denunciaba.

Se a universidade descubrise que lhe dera a súa clave a Lissa significaría a expulsión para os dous, independentemente se para que usase ela a clave. A política da universidade era que calqueira interferencia cos seus métodos de control sobre o uso dos ordenadores era motivo para un-ha acción disciplinaria. Non importaba se se fixera ou non algún dano, o delito era o feito de dificultar o control. Se asumía que isto significaba que facía algo prohibido, e non precisaban saber que.

No xeral os estudantes non eran expulsados por iso -non directamente-. No seu lugar prohibíaselles o acceso ás computadoras da universidade, o que inevitabelmente significaría suspender todas ás súas asignaturas.

Dan soubo máis tarde que ese tipo de políticas na universidade comezaron na década de 1980, cando os estudantes comezaron a usar ordenadores masivamente. Antes diso, as universidades tinha un-ha actitude diferente: soio se penalizaban ás actividades danhinas, non as que eran meramente sospeitosas.

Lissa non denunciou a Dan á SPA. A súa decisión de axudarlhe levou a que casaran, e tamén a que cuestionasen o que lhes ensinaran cando eran nenos sobre o pirateo. Comezaron a ler sobre a historia do copyright, sobre a Unión Soviética e as súas restriccións sobre ás copias, e incluso sobre a constitución orixinal dos Estados Unidos. Mudaron-se á Lúa, onde se toparon con outros que da mesma forma tentaban librarse do longo brazo da SPA. Cando comezou o levantamento de Tycho no 2062, o dereito universal a ler convertíuse nun dos seus obxetivos fundamentais.

Nota do Autor

Esta nota foi actualizada en 2002

O dereito a ler é un-ha batalla que se está librando hoxe en día. A nosa forma de vida actual podería tardar 50 anos en desvecerse, pero moitas das leis e prácticas descritas máis arriba xa se propuxeron, ou pola administración Clinton ou pola editoriais.

Ata fai ben pouco había un-ha excepción: a idea de que o FBI e Microsoft gardaran ás claves de root das computadoras persoais, e non deixasen obtelas aos usuarios non foi proposta ata o 2002. A isto chamouselhe “Computación Confiable” ou “palladium”.

No 2001, o senador Hollings, apoiado finaceiramente pola Disney, propuxo un proxecto de lei chamado SSSCA, que requería que cada computadora nova tivese restriccións para efectuar copias, que os usuarios non poidesen evitar. Na mesma linha que a do chip Clipper e outras propostas similares do governo do EE.UU. sobor da custodia das claves de encriptación, esta é un-ha tendencia a longo prazo: os sistemas de computadoras configuranse cada vez máis para dar control sobre a computadora á terceiras partes no lugar de darlhas ás persoas que realmente o utilizan. A SSSCA foi chamada dende entón a CBDTPA (denotando “Consume But Don’t Try Programming Act”, “Consume Pero Nin Tentes Programar”).

No 2001 os EE.UU. comezaron a tentar o uso do proposto Tratado do Área de Libre Comercio das Américas (ALCA) para impor ás mesmas reglas en todos os países do hemisferio occidental. O ALCA é un dos tratados chamados “de libre comercio” realmente desenhdos para darlhes ás empresas maior poder fronte aos governos democráticos; impor leis tales como a DCMA é típico dese esprito. A Electronic Foundation solicítalhe ás persoas que expliquen a eses governos por que deberían oporse a tales plans.

A SPA, que realmente significa “Software Publisher’s Association” (Asociación de Editores de Software), foi reemprazada neste rol policíaco pola BSA, ou “Business Software Alliance”. Esta non é un-ha forza policíaca, pero extraoficialmente actúa como si o fose. Utilizando métodos que lembran á antiga Unión Soviética, invita á xente a informar aos seus companheiros de trabalho e amigos. No 2001 un-ha campanha de terror da BSA en Arxentina realizou ameazas veladas de que aqueles que compartisen programas de computadora terminarían sendo violados na prisión.

Cando se escribiu esta historia, a SPA estaba ameazando a pequenos proveedores de Internet (ISP) para que lhes permita controlar aos seus usuarios. A maioría deles cederon ao ser ameazados, xa que non podían costearse á pelexa xudicial nos tribunais (Atlanta Journal-Constitution, 1 Oct 96, D3). Ao menos un ISP, “Community ConneXion” en Oakland CA, negouse a aceptar ás presións, e foi eventualmente demandado. A SPA logo retirou a demanda, pero obtivo a DMCA (“Digital Millenium Copyright Act”, ou Lei do Copyright do Mileni Dixital), a cal lhes deu o poder que buscaban.

As políticas de seguridade descritas arriba non son imaxinarias. Por exemplo, un ordenador dun-ha universidade do área de Chicago mostra a seguinte mensaxe ao conectarse ao sistema (as comillas están no orixinal):

“Este sistema soio pode ser utilizado por usuarios autorizados. Calqueira individuo que use este sistema sen autorización, ou excedendo a súa autorización está suxeito a ser monitorizado polo persoal do sistema. Ao controlar usuarios realizando actividades non autorizadas ou durante o mantemento do sistema, as actividades dos usuarios autorizados poden ser monitorizadas. Calqueira que use este sistema acepta expresamente tal monitorización e queda advertido de que si ese control revela posibles indicios de actividades ilegais ou violación das normas da Universidade, o persoal de mantemento do sistema pode proporcionar esas evidencias ás autoridades da Universidades ou as forzas de seguridade”.

Esta é un-ha aproximación a Cuarta Enmenda: forzar aos usuarios a declinar por adiantado os dereitos nela contemplados.

Referencias

* O Libro Blanco da Administración: “Information Infrastructure Task Force, Intellectual Property and the National Information Infrastructure: The Report of the Working Group on Intellectual Property Rights”, (1995).
* “An explanation of the White Paper: The Copyright Grab”, Pamela Samuelson, Wired, Jan. 1996
* “Sold Out”, James Boyle, New York Times, 31 March 1996
* “Public Data or Private Data”, Washington Post, 4 de novembro de 1996. Tinhamos un-ha ligazón a esta referencia, pero o Washington Post decidiu comezar a cobraraos usuarios que quixesen ler artigos na súa páxina web, e polo tanto decidimos borrar a ligazón.
* “Union for the Public Domain”, un-ha organización que pretende resistir e revertir a sobreextensión dos poderes da propiedade intelectual e patentes.

Por favor, envíe os seus comentarios e preguntas sobre a FSF e o proxecto GNU a gnu@gnu.org. Tamén pode contactar coa FSF por ouros medios.

Por favor, envíe ligazóns rotas e outras correccións (ou suxerencias) a webmasters@gnu.org.

Copyright 1996 Richard Stallman
Permitese a distribución e a copia literal deste artigo na súa totalidade ou por calqueira medio sempre e cando se conserve esta nota.

Traducción ao Castelán: 13 oct 1999 Carlos Rega <c_rega@yahoo.com>
Revisión: 21 ene 2004 Jorge A.Colazo <jorgelin@yahoo.com>
Revisión: 3 feb 2004 Miguel Abad Pérez

Última actualización: $Date: 2005/10/01 12:06:04 $ $Author: xavi_ $

Traducción ao Galego: 18 xan 2007 Ialma Escura <ialmaescura@gmail.com>
NOTA da traducción ao galego: Isto é un-ha traducción ao galego NON oficial, dun documento da FSF.

Agardo que vos gustase tanto coma a min.

Posted in Copyright, Software Libre | Leave a Comment »