Ialma Escura

Desvarios varios, Fantasía, Software Libre e máis….

Archive for the ‘0 74RD0’ Category

Faguendo pequenos cambios como engadir os meus chios no twitter

Posted by Ialma Escura o 25 Agosto 2013

Despois destes anos de frenética e impulsiva actividade ^^U cadrou pasarme por aquí e un-ha vez dentro non puiden reprimir o impulso de facer un par de cambios no menú… pouca cousa, engadir os meus chíos de twitter, comprobar que o tema está máis desfasado que a época victoriana “non, wordpress, non desexo cambialo, dame igual que tomase forma nun novo tema, non ten nada a ver con este… ><", e pouca cousa máis…

Pois nada que sigo sen ter constancia e aplomo con estas cousas… eu son así de aleatorio. FIN

Advertisements

Posted in 0 74RD0 | 3 Comments »

Presentación d’O 74RD0

Posted by Ialma Escura o 13 Xaneiro 2007

Boas ^^, benvidos ao 74rd0, un blogue persoal, no cal falarei (escribirei) cousas que vexo interesantes para min e as cales son aficionado.

Pero ben, o tema, que é exactamente do que vai tratar este blogue, pois nin máis nin menos que o que me saia en gana XDDDD. Non, en serio, trataremos sobre todo temas como o Software Libre, os Formatos Abertos, Gadgets (algún que outro que sexa curioso), así como xogos, xoguetes e Fantasía, Anime e Manga, amáis dalgun tema que vaia surxindo… quen sabe as voltas da vida, así como a dun blogue, que quen sabe se durará alén do segundo día XDDDD. Tamén tratarei desvarios varios coma este, que por iso é MEU!!! XDDDD.

Ben, un saúdo a tod@s, aínda que non lea isto ninguén 😀

Posted in 0 74RD0 | Leave a Comment »