O Beryl actualizado en ubuntu.
Publicado por Ialma Escura en 6 Febrero 2007
Para aqueles que gosten de ter un escritorio o máis bonito posible, non se lles escaparía a creación de Beryl, un xestor de xanelas, co cal poderemos ter un escritorio en forma de cubo, no noso S.O. GNU/Linux.
Ben, nesta entrada vou a mostrar como por o último beryl no ubuntu, cos repositorios beryl-svn que nos brinda Treviño’s Ubuntu Repository, o cal, é ben sinxelo de por en funcionamento.![]()
Estas opcións son para cando teis xa o beryl instalado, se queres saber como instalalo, mira na guia-ubuntu
1º Editar o arquivo /etc/apt/sources.list co voso editor favorito (emacs, vi(m), nano, gedit….)
sudo vim /etc/apt/sources.list
Nel engadiremos estas dúas linhas:
deb http://download.tuxfamily.org/3v1deb edgy beryl-svn
deb-src http://download.tuxfamily.org/3v1deb edgy beryl-svn
2º Autentificamos os packages
wget http://download.tuxfamily.org/3v1deb/DD800CD9.gpg -O- | sudo apt-key add -
3º Actualizamos
sudo apt-get update
sudo apt-get upgrade
4º Consello, algúns plugins meteronse baixo outra nomenclatura (como o Group and Tab) para polos debemos facer un:
sudo apt-get install beryl-plugins-extra bery-plugins-unsupported
E listo xa temos o noso beryl correndo coas últimas novidades, lémbrovos tamén que beryl está en proceso de desenrolo, co cal pode dar problemas, se o instalades é baixo a vosa responsabilidade, ainda que tamén dicir que de momento eu non tiven nigún problema, máis grave do habitual
A ver, se un día destes ponho algún video do meu entorno correndo con beryl, para que vexades o que se pode facer (aínda que cun-ha simples busqueda no youtube por beryl xa toparedes un porrazo de demostracións deste sistema ^^.
Para que logo digan que GNU/Linux é feo, si é que…..

Smashing escribió
Quen diría que atoparía o teu blog, lendo unha noticia de “microsiervos”. Levo coma unhas semanas cos repositorios de treviño mailos oficias do SVN de beryl.
A ver se medras no mundo da blogosfera, a miña entrada neste mundo, ten que esperar un pouquiño xD
“Para que logo digan que GNU/Linux é feo, si é que” Claramente GNU/Linux e a base de consola, nom posúe interfaz gráfica.. É algo feio xD
Xa que pides un video, poño o meu que fixen, algo a correr xD
Por certo hoxe mentres comía escoitei WOWW, xiro a cabeza, un anuncio de VISTA, co seu FLIP 3D.
Dalle duro ó blog. E se podes publica unha listiña de SOFT libre para linux. Que teño ganas de probar cousas novas xD
Ialma Escura escribió
Anda un smashing por aquí!!! O_o
Home a consola podela por moi cuca, con trasparencias, cores e demáis XDDDD así que feo, feo, depende canto dediques a personallización…..