Campaña de apoio á Frikipedia…
Publicado por Ialma Escura en 22 Enero 2007
Leo no blog dun-ha amiga foreira de AstroteamRG, bbneko (saúdos ^^ ) un-ha nota sabor dun-ha campaña de apoio á Frikipedia e en contra da $GA€ .
Lémbrovos a causa desta campaña: a Frikipédia, un-ha páxina de humor e de frikadas (feita en plan wiki, ou sexa, que todo o mundo podía editar os artigos) pechou o 3 de Febreiro de 2006 por ataques difamatorios contra a SGAE por escribir o seguinte: SGAE (Sempre Gañamos Algúns Euros), este ataque contra esta organización “Sen Ánimo de Lucro” e que cobra un canon dos CDs/DVDs que usamos para as nosas “Actividades Terroristas, e coas cales mantemos máfias internacionais” como son grabar as nosas fotos da vacacións e demais.
Hai pouco ademáis saiu a sentencia, favorable para estos, que lle obliga, a Krusher, a pagar os custos xudiciais e máis un-ha indemnización á SGAE. Podedes lelos no blog de Krusher.
Xa está ben, non podemos permitir que esta organización nos siga fodendo cada vez máis e máis, con censura, canones e demáis para que catro ricos se coman o pastel tranquilamente. ¿Que será o que veña despois? ¿Por micros nas duchas por se cantamos? ¿e se desafinamos, haberá que pagar máis por foder á canción? Ou mellor non, lobotomia xeralizada, porque lembremos que no noso cerebro podemos copiar un-ha canción….
En fin aquí queda isto. por último vou porvos un video, realizado pola cadena PECO, que me gustou moito. Saúdos.

